O Concello de Marín executa as obras de humanización da contorna do Mercado de Seixo para “a transformación urbana do centro da parroquia”, tal e como apunta o goberno local.

Estase a reformular a rúa para que teña plataforma única, con uso prioritario de peóns e cunha plaza anexa a nivel que permita usos múltiples. En total aumentarase o espazo peonil en máis de 800 metros cadrados. Tamén se renovarán a xardinaría, a sinalización e o mobiliario urbano.

O orzamento ascende a 730.150 euros, dos cales 548.058,39 serán aportados pola Deputación, a través do Programa ReacPon. O prazo de execución da obra é de seis meses. Esta é a segunda gran obra de humanización que se está a levar a cabo en Seixo nos últimos tempos, despois da remodelación da Rúa Camiño Vello.