O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, e o xerente do Centro Ecuestre Atlántico de Buchabade, Xabier Blanco, presentaron a final da Liga Galega de Saltos que se celebrará o domingo 25 de setembro, a partir das 10.00 horas, na hípica ubicada no lugar de Buchabade, en Ponte Caldelas. Participarán máis de 200 deportistas maiores de cinco anos. Dende as 10.00 horas terán lugar as diferentes competicións, que se desenvolverán durante toda a xornada e que contará coa participación de varios “food truck”. A entrada é gratuita.