A Asociación do Museo do Mar de Marín homenaxeará o vindeiro día 25 ás mulleres do mar. Será con motivo da celebridade de San Miguel, a través dun festival que se organizará na Alameda Rosalía de Castro a partir das seis da tarde. O festival contará coas actuacións dos grupos Airiños do Mar de Teis e Cantareiras de Marín, e da solista Zeltia Irevire. Ademais, proxectáranse unha colección de grabacións a través das cales se amosará o labor realizado polas mulleres ao longo do tempo en relación con mar, especialmente na vila de Marín.