Suscríbete

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

“Bóveda vive en nós”

Pontón reivindica un modelo de financiamento que dea ao país “a chave dos nosos cartos” no Día da Galiza Mártir, que recuperou o seu formato

Amalia Bóveda e David Otero, da Fundación Alexandre Bóveda, na ofrenda floral perante o monumento erixido ao galeguista por suscripción popular. GUSTAVO SANTOS

Un acto institucional e de lembranza, pero tamén emotivo e reivindicativo. As celebracións da Galiza Mártir retornaron onte logo do parón ligado á pandemia ao monte da Caeira, en Poio, moi preto do lugar onde foi fusilado tras dun xuizo farsa Alexandre Bóveda, o gran artifice do Estatuto, fai agora 86 anos. Nel exemplificouse de novo a homenaxe a todos os mártires galegos aos que os sublevados asasinaron, encadearon, torturaron ou forzaron ao exilio na guerra civil e no franquismo.

A lideresa do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, foi unha das participantes na homenaxe, convocada polas fundacións Alexandre Bóveda e Castelao e na que de novo exerceu de anfitrión o alcalde de Poio, Luciano Sobral. A filla póstuma de Alexandre Bóveda, Amalia Bóveda, tampouco faltou a esta cita xa clásica no calendario do nacionalismo galego e que contou con numerosos asistentes. Entre eles, a deputada provincial de Memoria Histórica, María Ortega, o voceiro do PP en Poio e deputado provincial, Ángel Moldes, e os concelleiros socialistas de Pontevedra Yoya Blanco e Iván Puentes.

Ana Pontón incidiu en que, alén de reivindicar o legado de Bóveda, “hoxe tamén é necesario defender un novo modelo de financiamento para Galiza que nos permita ter a chave” dos nosos recursos.

Bóveda, lembrou , fixo os primeiros estudos que demostraron que o Estado recada máis en Galiza do que logo inviste e esa é unha realidade que segue a día de hoxe vixente. Neste escenario, engadiu,“hoxe tamén é necesario defender un novo modelo de financiamento para Galiza que nos permita ter a chave dos nosos cartos, que nos permita que o 100% dos impostos se recaden no noso país e que os poidamos investir en fortalecer a sanidade pública e o resto de servizos públicos ou en facerlle fronte a esta grave crise de prezos que está facendo que tantas familias, que tantas empresas, que tantas persoas, o estean pasando mal neste momento”.

Mar Caldas, Luciano Sobral e Fernández Lores na ofrenda ante o monumento da Caeira. | // GUSTAVO SANTOS

“O BNG actualizado non deixa de ser a obra coa que soñou Bóveda: ese partido galeguista do século XXI”, sinalou a lideresa nacionalista, que incidiu en que “Bóveda vive en nós” e reclamou de novo que a Xunta conmemore de xeito oficial este día adicado aos mártires galegos. Comprometeuse neste sentido a que “un goberno do BNG poñerá fin a todos estos anos de desprezo e de maltrato a todas estas figuras como Alexandre Bóveda”.

A Fundación Alexandre Bóveda retomou tamén onte o Premio Galiza Mártir. Os historiadores Carlos Babío e Manuel Pérez recibiron o recoñecemento de mans de Luciano Sobral e Amalia Bóveda

decoration

Ao dar a benvida aos asistentes, a concelleira de Memoria Histórica Marga Caldas lembrou que cada 17 de agosto “dende 1996 reunímonos na Caeira” para lembrar “o patriotismo e o compromiso co país de Alexandre Bóveda”. Suliñou a importancia de que “non caian no esquecemento todas as mulleres mártires que foron vexadas e represaliadas na Guerra Civil e durante o franquismo”.

Asistentes aos actos do Día da Galiza Mártir. GUSTAVO SANTOS

Lamentou que 86 anos despois da morte de Bóveda, “seguimos sufrindo como algunhas forzas políticas fan alarde de fascismo” e segue sen enxuiciarse á Coroa.

A Fundación Alexandre Bóveda retomou tamén hoxe o Premio Galiza Mártir. O historiadores Carlos Babío e Manuel Pérez, autores do libro “Meirás: un Pazo, un caudillo, un expolio”, recibiron o recoñecemento de mans de Luciano Sobral e Amalia Bóveda.

A filla de Bóveda insistiu en que “non vimos a valorizar o sufrimento, o sufrimento non é un valor”, pero “sufrir por defender unha sociedade basada nos dereitos humanos, na paza e na liberade sí é un valor”

decoration

Miguel Anxo Seixas, da Fundación Castelao, lembrou que Bóveda foi “un valente nun país onde abundamos os cobardes”, un home que “cre naxustiza social, redistributiva, que entendía que hai que sumar, facer cousas e xuntarmos. Entendía que iña que entenderse con outras forzas política, era prático, un contable, non un poeta ou un literato, sabía botar contas, ser convicente. E conseguiu o Estatuto”.

Entre os asistentes, a lideresa do BNG Ana Pontón. GUSTAVO SANTOS

Pola súa parte, David Otero, da Fundación Alexandre Bóveda, agradeceu o esforzo dos traballadores da memoria histórica e a presenza de numerosos mozos galegos, antes de lembrar a firmeza intelectual de Bóveda.

Finalmente, Amalia Bóveda insistiu en que “non vimos a valorizar o sufrimento, o sufrimento non é un valor”, pero “sufrir por defender unha sociedade baseada nos dereitos humanos, na paza e na liberdade sí é un valor”.

O outro dos escenarios das homenaxes a Bóveda foi o cemiterio de San Amaro,ata onde se desrazou o líder do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, para participar nunha misa en memora do galeguista. Finalmente, a praza de Curros Enríquez foi escenario do acto que cada ano convoca o BNG e que tamén recuperou a súa esencia logo das restriccións pola pandemia.

Compartir el artículo

stats