A Ruta Cabalar Os Xinetes do Enxebre vivirá o a súa oitava edición no Monte Castrove, organizada pola Asociación Os Xinetes do Enxebre, en colaboración co Concello de Poio. A concelleira de Cultura, Raquel Rodríguez, participou onte no acto de presentación, que tivo lugar na Casa Consistorial, acompañada da presidenta do colectivo, Andrea Ucha, e membros da agrupación.

A saída está fixada para as 10.00 horas e as persoas inscritas partirán desde as inmediacións da Casa do Castro, desde onde iniciarán un percorrido que contará con pincho e dúas paradas. Finalmente, ás 14.30 desenvolverase a tradicional comida campestre, que se recupera nesta edición, logo de que en 2021 non se celebrase por mor do COVID.

A Asociación Os Xinetes do Enxebre informa, asemade, de que continuará aberto o prazo de inscrición ata o xoves. O prezo do menú é de 30 euros (15 no caso de crianzas). As reservas poden facerse no Bar Enxebre ou chamando ao número de teléfono 627006670. Tamén é posible inscribirse unicamente para o pincho, cun prezo de 5 euros.