O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, e a concelleira de Servizos Sociais, Ana Loureiro, visitaron onte ás instalacións do CPI Aurelio Marcelino Rey García nas que se desenvolven as actividades enmarcadas no programa de concialición Cuntilín. Máis de un centenar de rapaces participan desde finais de xuño nas actividades programadas para garantir ás familias un amplo periodo de conciliación coincidente coas vacacións escolares dos cativos.

O alcalde baralla a posibilidade de instalar inchables no patio do colexio para que os rapaces poidan despedir o verán cunha gran festa como colofón a estas semanas de diversión.