O edil de Patrimonio histórico, Xaquín Moreda, presentou onte oito pezas audiovisuais para divulgar a historia e monumentos de Pontevedra, basados nunha unidade didáctica dirixida aos colexios. Este material creado por Taller Abierto, foi reutilizado para crear un novo formato audiovisual, con oito pezas de curta duración que “dunha maneira sinxela explican a historia da nosa cidade e serven de complemento á nomeada unidade didáctica”.

Son unha serie de vídeos cunha duración aproximada de dous minutos, locutados, e que recollen diferentes épocas ou poñen a súa atención en períodos concretos: Rexurdimento urbano. O nacemento de Ponte Veteri; Convento de Santa Clara. Da vida en clausura á apertura á cidadanía; Ás prazas. Os baleiros da trama urbana medieval; Moureira. O barrio mariñeiro; Santa María. Un proxecto dos mareantes; A Ponte. De Turoqua á Boa Vila; Sesmero. A transformación da Pontevedra medieval; Século XXI. Da orixe á actualidade

As pezas poden xa ser descargas ou vistas desde YouTube, na canle oficial do Concello de Pontevedra, se ben, seguindo as palabras de Moreda, a idea é crear unha páxina de seu onde estarán dispoñíbeis na ligazón: https://ponte.gal/historiadaformaurbana.