“DepoAuga”, o programa da Deputación que combina deporte e natureza a través do pádel surf e o caiac nos ríos e praias da provincia, está a ter ten unha excepcional acollida en todas as rutas realizadas nas súas dúas edicións. Así, as 30 prazas previstas para a vindeira actividade no concello de Poio en táboa de pádel surf, están esgotadas. A ruta dividirase en dúas quendas e iniciarase no peirao da Chousa de Combarro ata chegar á Illa de Tambo. As persoas visitantes farán unha parada na praia Adreira, a máis grande de Tambo, onde os guías lles explicarán a historia da illa.Esta alta demanda amosa o interese por coñecer o enclave, que xestiona o Concello de Poio desde marzo.

“DepoAuga” está dirixido ás persoas amantes dos deportes, da natureza e da aventura. Consiste en rutas guiadas de aproximadamente unha hora e media de duración por ríos e praias da provincia nunha táboa de pádel surf ou nun caiac.