O Concello de Poio organiza unha actividade con pernocta cunha acampada nun espazo natural do municipio. De chover durmiríase na antiga escola de Tarrio-Samieira. Está dirixida a mozos de idades comprendidas entre os 12 aos 16 anos, e ofértanse 30 prazas con prioridade para ós empadroados en Poio. Esta escapada é os días 19 e 20 de agosto, facéndose cargo a Concellaría de Mocidade de toda a intendencia.

A actividade é de balde e na casa Rosada pódese realizar a inscrición e recabar toda a información ( 986872401). Tamén se pode enviar un email a xuventude@concellopoio.org.