Marín festexa de novo o Día de Galicia
A agrupación Trompos os Pés regresou ás rúas de Marín tras dous anos de pandemia cunha romaría e unha exhibición

Troula na romaría de Trompos os Pés. / Rafa Vázquez
A. Santos
O Día de Santiago Apóstol e da Patria Galega congregou este luns en Marín a decenas de veciños e veciñas, que gozaron na Alameda Rosalía de Castro dunha romaría protagonizada pola Asociación Cultural Trompos ós Pés.
Unha cita que volveu ás rúas marinenses dous anos despois do estado de alarma e da situación sanitaria provocada pola pandemia e o coronavirus.
A actividade, que prolongouse todo o día, contou coa actuación do grupo folclórico e a escola da agrupación, co tradicional repertorio de bailes propios do país no que a cativada e os maiores fixeron da rúa un espectáculo.
O turno de bailes e troula tomou a Alameda despois do inicio da axenda do Concello, que incluíu unha serie de postos a pé de rúa con produtos de artesanía, coiro e outros materiais.
A continuación, María Ramallo, alcaldesa de Marín, acompañada pola Corporación municipal, achegouse ao Palco da Música para animar á xente a visitar os postos de artesanía e agradecer á Asociación Trompos ós Pés o éxito da actuación, ademais de sinalar os anos de bo traballo realizado no eido do folclore e a súa divulgación en Marín e na contorna.
Despois de dirixirse ao público presente na Alameda, a rexidora e os concelleiros que participaron no acto fixeron entrega de 500 mochilas conmemorativas da data.
Finalmente, o grupo de gaiteiros de Trompos os Pés cerrou no Palco da Música a xornada matinal da romaría cunha interpretación do Himno de Galicia.
Canto e queimada
Xunto cos bailes e coreografías de Trompos os Pés, a Alameda gozou dunha tardiña de xogos tradicionais e o concerto de Os Treboeiros de Muimenta, grupo folclórico procedente de Tomiño.
Posteriormente, xa pola noite, tivo lugar un recital de canto popular, no que se subiron ao escenario os grupos Asxupen, de O Grove, Garatuxa, de Vigo, e Ferriñas, de Marín. A clausura produciuse preto das 22.30 horas, cunha queimada de balde na Alameda.
Ramallo: “Esta romaría permítenos recuperar o pulso”
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, fixo acto de presenza na romaría polo Día de Galicia acompañada por varios membros da Corporación municipal e doutras asociacións da vila, aproveitando a ocasión para presenciar os bailes de Trompos os Pés antes de dirixirse ao público da Alameda marinense.
“Grazas por asistir e por celebrar o patrón como se merece. É o día importante de Galicia e aquí, entre todos, tratamos sen dúbida de seguir dando pasos adiante e poñer como referente o noso folclore e a nosa cultura popular. Esta romaría permítenos recuperar o pulso”, afirmou Ramallo no seu discurso no Palco da Música.
Nese sentido, a dirixente local quixo agradecer a Trompos os Pés o traballo realizado, salientando a conexión do grupo coa cativada.
“Grazas por permitirnos disfrutar do voso traballo. Hai canteira neste grupo e xa se ve nas idades das pandereteiras e dos que bailaron”, destacou.
Ramallo rematou o seu discurso dando tamén as grazas aos veciños e veciñas presentes e animándolles a desfrutar da romaría, das actuacións musicais e do Día do Santiago Apóstol. “Temos un día espléndido. Disfrutade”, concluíu, antes de facer entrega dos obsequios conmemorativos pola xornada.
Suscríbete para seguir leyendo
- El restaurante flotante de Roberto Vilar en Silgar
- Hosteleros divididos por la actitud de los peregrinos
- Un conductor ebrio atropella al alcalde de Sanxenxo
- Condenado por conformidad un acusado de maltratar a su pareja al creer que era de «su propiedad»
- De Gustavo López a Jennifer López: las manos gallegas que en su día cuidaron al Celta trataron a la diva del Bronx en Pontevedra
- Guardiamarina Borbón, «una más» en el Juan Sebastián de Elcano
- El BigSound «lo peta» y se despide hasta julio de 2026
- Amor del pasado y lujo del presente