A Real Academia Galega, a Deputación e o Museo de Pontevedra presentarán o vindeiro martes a VII Xornada de Onomástica Galega, dedicada á relación entre os nomes propios de persoas ou lugares e a literatura. No acto intervirán o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes; a deputada de Lingua, María Ortega; a coordinadora da xornada, a académica Ana Boullón; e o director do Museo, Xosé Manuel Rey.