A Xunta cambia de ubicación a parada de autobús da PO-308 no Laño
Tamén se disporá un paso de peóns no lugar da nova marquesiña
REDACCIÓN
A Consellería de Infraestruturas comezou as obras de acondicionamento da parada de autobús situada na estrada autonómica PO-308, en Laño, en Poio. A Xunta prevé o acondicionamento da zona de instalación da nova ubicación desta parada de autobús, que se sitúa no ámbito da cuña de deceleración existente na contorna do punto quilométrico 9,400 da vía.
Para isto, procederase ao traslado da marquesiña actual uns 120 metros, dando continuidade ao itinerario peonil na marxe dereita da estrada autonómica, mediante a construción dun novo tramo de senda.
O novo treito de senda na PO-308 contará cun ancho mínimo de 1,8 metros e pavimento de formigón cor terriza, e estará elevado 10 centímetros con respecto á calzada.
Nesta intervención que está a levar a cabo a empresa Obras, proyectos y actividades S. L. por importe de máis de 32.000 euros prevese, ademais, a colocación nos vaos peonís de pavimento táctil de botóns e direccional. A presenza da parada de bus será advertida con pavimento podotáctil. Tamén se disporá un novo paso de peóns no punto 9,340 da PO-308 que permita comunicar os itinerarios peonís das dúas marxes da estrada con seguridade.
- El restaurante flotante de Roberto Vilar en Silgar
- Hosteleros divididos por la actitud de los peregrinos
- Un conductor ebrio atropella al alcalde de Sanxenxo
- De Gustavo López a Jennifer López: las manos gallegas que en su día cuidaron al Celta trataron a la diva del Bronx en Pontevedra
- Guardiamarina Borbón, «una más» en el Juan Sebastián de Elcano
- El Arzobispado reorganiza las parroquias del municipio en tres grupos por la falta de curas
- Los reyes se reencuentran con Leonor en los actos del Carmen en la Escuela Naval de Marín
- El BigSound «lo peta» y se despide hasta julio de 2026