Ponte Caldelas celebra hoxe unha nova edición do Campionato de Malla na Insua, na Carreira Ancha

A Asociación de Veciños da Insua, en colaboración co Concello de Ponte Caldelas, celebra hoxe unha nova edición do Campionato de Malla con merenda para todos os participantes e trofeos para os primeiros clasificados. A cita é este sábado ás 17.00 horas na Carreira Ancha. Para participar só hai que presentarse e anotarse por parellas. O deporte da malla está moi presente nos lugares de Ponte Caldelas como A Insua, Chaín, Silvoso, Forzáns, Anceu e Caritel, puntos que teñen en común a relación migratoria con Portugal.

Tracking Pixel Contents