Marín acolle no Día de Galicia a romaría de Trompos Ós Pés
Tamén haberá un acto institucional na Alameda
REDACCIÓN
Marín celebrará o Día de Galicia, 25 de xullo, cun acto institucional a partir das 13.00 horas, no que a alcaldesa, María Ramallo, lerá un escrito referente á celebración desta festa, entregaranse 500 mochilas conmemorativas desta data e interpretarase o himno galego.
O acto será no Palco da Música da Alameda, que á súa vez acollerá a XXIII romaría popular organizada pola Asociación Cultural Trompos Ós Pés. Esta contará coa presenza de artesáns de toda Galicia, que abrirán os seus postos a partir das 10.30 horas. Ás 12.00 h, actuará o grupo folclórico e a escola de Trompos Ós Pés.
A partir das 18.00 h, haberá xogos tradicionais e ás 20.00 h tocarán Treboeiros de Muimenta (Treboada). Ás 20.30 h, celebrarase un sorteo de agasallos doados polos artesáns e expositores.
Ás 21.00 h, será o momento do canto popular con Asxupen (O Grove), Garatuxa (Vigo) e Ferriñas (Marín). O día clausurarase ás 22.30 h cunha queimada de balde.
Ademais, Marín sumarase ao proxecto Alfombra Mundial Xacobeo 2022, que suporá a creación dunha alfombra floral na Alameda por parte do grupo de alfombristas que normalmente se encargan de realizar estas creacións na zona do Templo Novo.
Este é o segundo ano no que Marín se suma a esta iniciativa de alfombra floral que poderá verse o luns no lateral do Palco da Música.
- Evacuada en helicóptero una trabajadora atrapada por una mano en una máquina en Moraña
- La princesa Leonor se despide de Marín tras recibir de su padre la Gran Cruz del Mérito Naval
- Cazado a 191 km/h en un tramo limitado a 70 en la N-550 en Caldas
- Un adulto y un menor heridos al chocar con una moto de agua contra el puerto de Samieira, en Poio
- Localizan en buen estado al octogenario perdido en Poio
- Intervienen 116 kilos de pulpo ilegal al patrón mayor de Portonovo
- Marín vive su día grande del Carmen: procesión marítima y los reyes en la Escuela Naval
- Un trazado de 8 kilómetros y 3 viaductos, elección para la variante Oeste de Caldas