A Deputación colabora no plan de rehabilitación de edificios de Poio

REDACCIÓN

Poio

O Concello de Poio vén de obter unha axuda de preto de 2.000 euros por parte da Deputación, que se investirán en asistencia técnica e apoio na presentación de proxectos ás axudas da convocatoria do Programa Integral de Rehabilitación de Edificacións Públicas (PIREP), impulsado polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, segundo informa o concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo, Gregorio Agís, que salienta a importancia de conseguir este tipo de axudas, destinadas á redacción do proxecto de rehabilitación do local social de Arén.

Tracking Pixel Contents