A portavoz municipal do BNG de Marín, Lucía Santos, mantivo un encontro coa veciñanza de San Pedro na que deron traslado dunha serie de demandas en relación á falta de mantemento e conservación da zona. Solicita “unha maior limpeza da zona, co paso da varredora, xa que están sendo os propios veciños quen se encargan da limpeza e baldeado das beirarrúas públicas, e a intervención inmediata no arbolado que rodea o parque infantil de San Pedro.