O PSOE de Poio agradece a Portos o acordo para a mellora do peirao de Raxó

REDACCIÓN

Poio

O grupo municipal do PSOE de Poio amosa a súa “satisfacción” polo feito de que o Concello e Portos de Galicia acadasen un acordo que permitirá executar a mellora do peirao de Raxó e da súa contorna na súa totalidade nos termos nos que “desde o primeiro momento defendeu o noso voceiro e responsable de Urbanismo, Gregorio Agís”.

Os socialistas agradecen a predisposición do ente autonómico á hora de aceptar estas demandas, que permitirán que a humanización chegue ata o cruce coa PO-308 e que a obra se realice “con acabados e materiais acordes a importancia zonal”. Eso sí, Agís pregunta agora qué opina o PP local e a súa postura sobre esta obra.

Tracking Pixel Contents