A asociación A Solaina abre hoxe unha mostra de fotos xornalísticas de Combarro
Rotará pola oficina de turismo e Casal de Ferreirós
REDACCIÓN
“Combarro na Prensa Local” e o título da exposición organizada pola Asociación A Solaina e a Concellaría de Turismo de Poio, para conmemorar os 50 anos da declaración da vila como Conxunto Histórico. É unha mostra de fotografías de Combarro nos medios de comunicación, en tre eles FARO. A exposición terá dúas sedes: a Oficina de Turismo de Combarro e a Oficina de Turismo do Casal de Ferreirós (San Salvador de Poio). A exposición de Combarro (Carreiro do Campo, 17) inaugurase hoxe as 19:00 horas. No acto de inauguración intervirán Silvia Díaz, concelleira de Turismo, Andrés Dacosta Paz, secretario da Asociación A Solaina de Combarro, e Luciano Sobral, o Alcalde de Poio, que pechará o acto.
Por outra banda “Picadiscos Marifaltri” será esta semana a gran protagonista dentro do ciclo de actividades impulsadas desde o Concello de Poio para conmemorar o 50 aniversario do nomeamento de Combarro como Conxunto Histórico Artístico. A Praza da Chousa acollerá mañán xoves 21, a partir das 20.00 horas, este espectáculo musical, pensado para toda a familia e, especialmente, para as crianzas, tal e como indica a concelleira de Cultura, Raquel Rodríguez. Esta cita lúdica aposta por impulsar e promover o uso da lingua galega no seo familiar.
- Arrasado por un incendio un edificio en pleno centro de Pontevedra: «Creía que iba a explotar todo»
- La hostelería da una salida a los migrantes de Sanxenxo: «Es una satisfacción enorme ver cómo se abren camino»
- La diva del Bronx «revienta» Pontevedra
- Gran despliegue de medios para sofocar un incendio forestal entre Pontevedra y Marín
- Más de 12 horas de cola para ver a Jennifer López en Pontevedra: «Somos fans suyas de toda la vida»
- Condenado por conformidad un acusado de maltratar a su pareja al creer que era de «su propiedad»
- Un escenario de 30 metros de boca y 16 de altura, cuerpo de baile, pantallas... Jennifer López ya está en Pontevedra
- Jennifer López enloquece Pontevedra con el concierto más esperado