Entregas de bandeiras e teatro do grupo Chévere festexarán no Casal de Ferreirós o Día da Matria

Celebrarase o vindeiro venres, día 22

Presentación das actividades do Día da Matria.  | // FDV

Presentación das actividades do Día da Matria. | // FDV / REDACCIÓN

REDACCIÓN

Poio

O alcalde de Poio, Luciano Sobral, a concelleira de Memoria Histórica, Marga Caldas, e a de Cultura, Raquel Rodríguez presentaron onte as actividades que se desenvolverán o vindeiro venres día 22 de xullo para conmemorar o Día da Matria en Poio. “Sen dúbida é unha data moi importante, na que queremos reivindicar a importancia da figura da muller no noso país”, lembrou a organización.

Logo de dous anos nos que o evento estivo moi condicionado polas restricións sanitarias, neste 2022 “poderemos desenvolver un acto aberto para toda a cidadanía”, celebrou Caldas. A cita será nos xardíns situados nas inmediacións do Casal de Ferreirós, a partir das 20.30 horas. Será entón cando o alcalde abra o acto, no que tamén intervirá a edil de Memoria Histórica. Este ano, o teatro será protagonista, grazas á obra que o grupo “Chévere” interpretará “As fillas bravas de Momán”.

Ademais, como xa é tradición, procederase á entrega de bandeiras conmemorativas desta data, ata rematar existencias.

Tracking Pixel Contents