150 judokas, concentrados en Marín no ‘33 stage internacional’

150 judokas, concentrados en Marín no ‘33 stage internacional’ | FDV
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu onte ao 33 Stage Internacional de Judo de categoría júnior, tanto masculina coma feminina, que ten lugar entre o 11 e o 15 de xullo na vila de Marín. Esta concentración internacional de tecnificación é posible grazas ao convenio de colaboración das federacións galega e española co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte. Organizada pola Federación Galega de Judo, os judokas galegos desfrutan desde hai varios anos da posibilidade de compartir experiencias e adestrar cos referentes nacionais e internacionais deste deporte. Neste stage atópanse concentrados no pavillón do colexio CEIP San Narciso un total de 150 judokas (63 mulleres e 87 homes), e 24 técnicos (8 mulleres e 16 homes). Ademais da selección galega, na concentración atópanse membros da selección española, catalana, balear e portuguesa. O stage serve como preparación para o Mundial Júnior de Judo, na cidade de Guayaquil (Ecuador), no que participará a galega Laura Vázquez, actual subcampioa do mundo da súa categoría, que adestra como bolseira no Centro de Tecnificación de Pontevedra.
- Un conductor ebrio atropella al alcalde de Sanxenxo
- Guardiamarina Borbón, «una más» en el Juan Sebastián de Elcano
- Leonor, hija adoptiva de Marín: «Esta es nuestra casa y nos espera siempre»
- El BigSound «lo peta» y se despide hasta julio de 2026
- Amor del pasado y lujo del presente
- Un adulto y un menor heridos al chocar con una moto de agua contra el puerto de Samieira, en Poio
- Localizan en buen estado al octogenario perdido en Poio
- Intervienen 116 kilos de pulpo ilegal al patrón mayor de Portonovo