Volve o Memorial Ricardo Portela

Un pasarrúas da pasada edición / Santos Álvarez
R. P.
A cidade de Pontevedra réndelle un ano máis homenaxe ao mestre Ricardo Portela no Memorial que leva o seu nome e que organiza a Asociación de Gaiteiras Galegas en colaboración co Concello coa finalidade de manter na memoria a figura do Gaiteiro de Viascón, firme defensor da dignidade da gaita e do gaiteiro e mestre recuperador da forma de interpretar este instrumento en toque pechado.
Nesta edición, a cidade encherá as rúas e prazas de música tradicional con pasarúas na tarde do venres e durante toda a xornada do sábado e o domingo, e farao soando a toque pechado, o xeito de tocar do mestre. Durante os tres días nos que transcorre o Memorial, haberá tamén a Mostra de artesáns de instrumentos de música tradicional, na que participaran os artesáns: Afonso Castro, Alberto Pires, Cesar Loureiro, Iago Salgado, Lorena Reinaldo, Luís Martíns, Master Gaita, Nebra, Oli Xiráldez, Queima, Tunhas e Xaneco, os concertos de escenario, así como a homenaxe a Maruxa Miguéns e Xosé Romero.
Xosé Romero Suárez naceu en 1930. Aos 5 anos xa mostraba interese pola gaita e fabricouse una cun anaco de caña e unha vexiga de porco. O seu pai recoñeceu enseguida o seu talento e comproulle unha. Aos 10 anos xa fundou o grupo “Aires da Nosa Terra” xunto a Ramón Carou, Afonso Romero e Vicente Carou. Pero en 1950 o servizo militar obrigounos a aparcar os instrumentos. Dous anos despois, el coa súa gaita e Afonso co seu bombo únense a Francisco Iglesias (gaita) e Che Novoa (tambor) e fundan “Os Rosales”. Ese mesmo ano, Xosé namora da que será a súa muller, Eclíptica Orbita (Maruxa), que entón ten dezaseis e coa que casará en 1955. En 1962 Afonso lesionase nun brazo ao caer dun escenario nunha verbena. Imponse entón a necesidade de buscar un substituto para cumprir cos compromisos de varias actuacións, é aquí cando Maruxa entra na formación, aínda que xa demostrara a súa valía coa percusión nos ensaios: debutou na festa do Rosario, na parroquia de Leiro. Ela presentaba as actuacións, introducía os temas, cantaba e encargábase da imaxe do grupo, confeccionando e amañando os traxes. Para entón, a parella xa creara escola no seu fogar: en 1963 incorporase ao grupo o seu fillo de 6 anos, Pepe Romero (actual director da banda Suevia de Porto do Son), que chega para quedarse tocando o tambor; en 1972 faino o seu fillo Mario e, en 1983, a súa filla Sandra. Os tres son gaiteiros na actualidade.
Programa completo:
Venres 15 de xullo
17.00 a 21.30 horas - XIX Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais
17.30 a 20.30 horas - Pasarúas: Os Gaiteiros das Rías Baixas, Dúo Alvariño, Millarancos e Par de Par
21.00 horas – Concerto de Volta e Dálle
Sábado 16 de xullo
11.30 a 14.00 horas / 17.30 a 21.30 horas - XIX Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais
11.30 a 13.30 horas / 18.00 a 20.30 horas - Pasarúas de: Os Erdeiros dos Morenos de Lavadores, Os enxebres de cacheiras, Boas Pécoras e Cuarteto da A.C. Abertal
21.00 horas - Homenaxe a Maruxa Miguéns e Xosé Romero
21.15 horas – Concerto de Carapaus
Domingo 17 de xullo
11.30 a 14.00 horas / 17.30 a 21.30 horas - XIX Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais
11.30 a 13.30 horas / 18.00 a 20.30 horas- Pasarúas de: Turoqva, Meiró, Bailai Malditos e Cantigas e Frores
21.00 horas – Concerto de Caamaño & Ameixeiras
- El restaurante flotante de Roberto Vilar en Silgar
- Hosteleros divididos por la actitud de los peregrinos
- Un conductor ebrio atropella al alcalde de Sanxenxo
- De Gustavo López a Jennifer López: las manos gallegas que en su día cuidaron al Celta trataron a la diva del Bronx en Pontevedra
- Guardiamarina Borbón, «una más» en el Juan Sebastián de Elcano
- El Arzobispado reorganiza las parroquias del municipio en tres grupos por la falta de curas
- Los reyes se reencuentran con Leonor en los actos del Carmen en la Escuela Naval de Marín
- El BigSound «lo peta» y se despide hasta julio de 2026