O Concello reitera a Portos a petición de que permita un aparcadoiro no Paseo das Redeiras

REDACCIÓN

Poio

O Concello de Poio reiterou onte a súa proposta para “a dotación de aparcadoiros na contorna de Combarro” e lamenta que “continúa á espera de que Portos de Galicia permita habilitar varias prazas para residentes no Paseo das Redeiras, logo de que desde o Concello se lle remitise a solicitude de concesión hai máis de seis meses”.

Replica así ás críticas do martes da conselleira Ethel Vázquez pola polémica das obras do emisario submarino na explanada das Canteiras. O Concello dí que “sempre defendeu” a importancia de sanear a ría” e reprocha a conselleira que acuse ao goberno local de “contradicirse, cando ela o cando insta ao Concello a xestionar espazos de estacionamento, ao mesmo tempo que impulsa un proxecto que, precisamente, contempla a supresión de un gran número de prazas para aparcar na estrada PO-308”.

Tracking Pixel Contents