Campelo estrea os “Talleres na rúa”

Participan rapaces veraneantes e veciños

Un dos obradoiros.   | // FDV

Un dos obradoiros. | // FDV / R. P.

R. P.

Poio

Campelo acolleu onte as sesións inaugurais dunha nova edición dos Talleres na Rúa, que, un verán máis, desenvólvense durante oseses de xullo e agosto en diferentes emprazamentos do municipio. Esta actividade, xa plenamente consolidada dentro da oferta de lecer para nenos menores de 12 anos e o seus familiares. “É moi habitual que tamén se impliquen nais, pais e outros achegados, dado o carácter familiar que ten a iniciativa, a través da cal buscamos que a rapazada se divirta ao mesmo tempo que se lles conciencia sobre a preservación do medio ambiente”, apunta a edil Rosa Fernández. Os rapaces elaboran deseños e manualidades facendo uso de material de refugallo e nestes talleres non só participan veciños do concello, se non que “tamén ten moi boa acollida por parte das persoas que gozan das súas vacacións no noso municipio”.

Tracking Pixel Contents