O programa cultural ConBdeBarro iniciouse en Barro en plena pandemia, co obxectivo de que a situación sanitaria non impedise a celebración de actos culturais e consistía en organizar en pequeno formato actuacións polas aldeas para un público restringido, reducindo así a posibilidade de contaxios.

Este formato foi ben acollido tanto polos artistas como polo público, polo que o Concello tomou a decisión de que este programa sexa un fixo na programación cultural anual de Barro.

Este ano ConBdeBarro contará cun total de 15 actuacións que percorrerán as parroquias en xullo, agosto e setembro. Este programa ten un marcado acento local, coa participacións da maior parte de artistas e grupos de concello.

No ámbito musical contarase coas actuacións dos grupos: Ballet Folclórico Alborada e Grupo Folclórico Raigames do Centro Galego de Montevideo, o Grupo de Danzas “Amor Ruibal” de Barro; a Banda de música xuvenil de Barro; O son da Pedra Meiga; Madia Leva; Moon Cresta; Mudland e Os amigos do acordeón Rías Baixas.