Volve o ciclo “En3Vistas” de conversas con persoeiros nas rúas e prazas recuperadas

A terceira edición do programa celebrarase do 18 ao 22 deste mes en cinco espazos urbanos

REDACCIÓN

Pontevedra

A Concellaría de Normalización Lingüística celebrará do 18 ao 22 de xullo a terceira edición do ciclo “En3Vistas”, que pretende visibilizar a normalidade do uso diario do galego a través de conversas con persoeiros de distintos ámbitos. O concelleiro Alberto Oubiña explicou que “a lingua estará presente no programa, pero do que se trata é de coñecer o día a día destas persoas que dignifican o uso da lingua galega”.

O programa estará moderado pola xornalista Susana Pedreira, e celebrarase en formato entrevista e diálogo a partir das 20 horas en cinco espazos públicos da cidade, caso da ponte do Burgo, o cruzamento das rúas Peregrina e Daniel de la Sota ou Santa Clara, amosando a recuperación que se ten feito.

Antía Otero, Dores Tembrás, Ledicia Costas, Elena Ferro, Jordi López, Ángel Carracedo, Loli Beloso, Nee Barros, María Rúa Rodríguez e Eric do Pazo serán os protagonistas das conversas.

Tracking Pixel Contents