Baiuca abre hoxe a terceira edición do festival Sons de Ánkar en Poio

REDACCIÓN

Poio

O catoirense Alejandro Guillán leva hoxe a Poio o seu proxecto musical Baiuca, todo un referente no panorama musical pola súa mistura dos sons tradicionais e formatos máis actuais. A súa actuación abrirá, a partir das 22.00 horas, a terceira edición do Festival Sons de Ánkar, unha das grandes citas que se inclúe dentro do Verán en Poio 2022, organizado pola Concellería de Festexos. Este concerto terá entrada libre, ao igual que o que protagonizará Andrés Suárez, á mesma hora, o sábado.

O concelleiro Xosé Luis Martínez recorda que este festival “foi unha iniciativa que naceu hai dous anos, en 2020, en plena pandemia, a través do programa Reinicia o Verán. Habida conta da gran resposta obtida, apostamos por mantelo dentro de Verán en Poio, máxime nun ano no que xa podemos celebrar eventos sen as restricións que tivemos que aplicar en edicións anteriores”, apunta.

Tracking Pixel Contents