Poio mobilízase hoxe para pedir persoal médico no consultorio de Raxó

REDACCIÓN

Poio

A Mesa da Defensa dos Dereitos da Sanidade de Poio, da que forman parte todos os grupos da corporación municipal, acordou convocar unha mobilización de protesta para esixir a dotación de persoal médico para o consultorio de Raxó, que desde o pasado luns permanece aberto sen doutora, contando únicamente con Persoal de Servizos Xerais e servizo de Enfermería. A manifestación é hoxe a partires das 20.00 horas, ás portas destas dependencias. Esta situación vén motivada pola decisión da Xunta de non cubrir as baixas dos profesionais que se atopan de vacacións, o que, no caso de Raxó, provocará que a veciñanza desta localidade non conte con persoal médico ata o vindeiro día 15. Ademais, esta medida tamén afecta aos centros de saúde de Anafáns e Combarro.

Tracking Pixel Contents