A Foliada do Lago ofrecerá o sábado música, comida e obradoiros en Castiñeiras

REDACCIÓN

Vilaboa

A asociación O Quilombo organiza para o sábado día 9 no Lago de Castiñeiras, a II Foliada do Lago, grazas á colaboración da Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa. A foliada dará comezo ás 13.00 horas cunha sesión vermú e a actuación do grupo de música Galega de bailables, composto por Xosé Maceda, Xian Herrera e Pablo Bernárdez.

Pola tarde haberá obradoiros de elaboración de pandeiro e baile galego. O obradoiro de pandeiro require inscrición previa e é impartido por Dácorla artesanía. E o de baile será impartido por Chus Caramés, educadora no programa de baile Andar cos tempos.

Ás 21.00 horas serán os concertos con o grupo Zurrumalla, atuación de Regueifas con Luis Caruncho e Benito Lobarinhas, e a Rabeira, cinco mozas integrantes de De Ninghures. Ademáis, ao longo do día estará aberto o espazo feiral onde as persoas asistentes poderán desfrutar de comidas e bebidas e atopar postos doutras asociacións e colectivos.

Tracking Pixel Contents