Portas clausurou o II Campus de Tecnificación de fútbol impartido no campo municipal da Rapeira e no que participaron 30 nenos de idades comprendidas entre os 5 e os 13 anos. O Campus estivo coordinado polo adestrador galego Manu Campos e contou coa presenza de Fran Fandiño, exfutbolista do Pontevedra, actualmente do Ribadumia, e profesor de educación física.