O Concello de Cuntis colabora co CDM Xesteiras na organización da IX Andaina Vila de Cuntis, denominada este ano “Ruta dos tres castros”, unha proba valedeira para a Liga Nacional de Senderismo da Federación Española de Montaña. A proba, para a que o prazo de inscripción se manterá aberto ata o día 7 a través da web www.galitiming.com, terá lugar o vindeiro 10 de xullo, con saída ás 9 da mañán Este ano a recadación irá destinada á “asociación de ayuda a niños oncológicos de Galicia”, Asanog, polo que a organización habilita tamén unha “fila cero”.