O responsable municipal de Obras e Servizos, Julio Casás pasou revista ao estado das obras que o Concello executa nas avenidas de Andurique e A Porteliña, na marxe dereita da PO-308 en dirección a San Xoán, e que serven para renovar os servizos básicos. Estes traballos comezaron hai xa varios días e, en palabras do propio edil, avanzan a bo ritmo. Esta obra abarca unha extensión que supera os 200 metros, desde as inmediacións do Pazo de Besada ata o cruce da estrada co acceso ao CEIP Viñas, aproximadamente.