O Festival Atlántica 2022 de narración oral traerá a Sanxenxo dous espectáculos para o público infantil e adulto no vindeiro mes de xullo.

A primeira destas actuacións previstas terá lugar en Portonovo, na Casa Mariñeira, este venres, 1 de xullo, “Procúrase Pepa a Loba”. Un contacontos da compañía A Cova das Letras protagonizado por Cristina Collazo para público familiar maior de 3 anos.

O sábado, 9 de xullo, será o turno de “Relatos eróticos” de Victoria Siedlecky. Trátase dun show no que Vitoria Siedlecki narra unha serie de contos baseados en historias de humor, amor e erotismo. En ‘Relatos Eróticos’, Siedlecki fusiona partes descoñecidas de obras coñecidas, como é o caso de “As mil e unha noites”, engadindo a sñya peculiar dose de humor e paixón.