A Asociación Cultural Abiñadoira recupera as Xornadas Culturais que este ano cumpren a súa vixésimo oitava edición. A cita desenvolverase na praza Pascual Veiga e na Rúa de San Isidro, do 1 ao 3 de xullo. As xornadas inauguraranse o venres cunha actuación de Abiñadoira, ás 22.00 horas, na praza Pascual Veiga. Na mesma ubicación se celebrará o sábado, 2 de xullo, a VI Xuntanza de Labores na Rúa, entre as 18.00 e as 21.00 horas. É un encontro aberto a todas as asociacións que desexen participar e compartir a tarde palillando, calcetando ou bordando. Haberá sorteos de diferentes premios entre os participantes.

O domingo 3, a rúa San Isidro convertirase no escenario da XXVII Romería Tradicional. Dende as 9.00 horas, haberá expositores nos que se poderán mercar productos típicos da zona como mel, chourizos, pan de millo, bizcoitos ou empanadas. Tamén haberá unha taberna con viño do país, ademáis de churrasco e tortillas. Ao longo da xornada haberá música, baile e cantigas improvisadas. Este ano a romaría contará coa actuación da Banda de Música de Sanxenxo, arredor das 13.00 horas, e ás 22.00 horas será o concerto a cargo do Grupo Pan.Sen.Fron (Pandereteiras Sen Fronteiras).