O Ateneo Santa Cecilia de Marín presenta o vindeiro venres, 1 de xullo as 20,30 horas o libro “O idioma galego baixo o franquismo” do profesor Henrique Monteagudo. Estará acompañado pola directora Comercial da Editorial Galaxia Tati Mancebo. Henrique Monteagudo é sociolingüista, profesor de Filoloxia Galega na Universidade de Santiago, foi secretario do Consello da Cultura Galega, codirector da revista Grial, membro da Fundación Penzol e secretario da Real Academia Galega. Ten investigado e publicado numerosos traballos sobre diversos autores galegos desde a Idade Media ate os nosos dias, así como outros traballos sociolingúisticos e publicacións.