O peirao de San Adrián comezou xa a súa adaptación para acoller a Festa do Mar esta fin de semana. Xunto á degustación a cita oferta unha amplia programación cultural co concerto da Banda de Música de Vilaboa como prato forte. Tamén inclúe un obradoiro de esmaltado ao lume sobre metal pensado para todas as idades.