O alcalde de Poio, Luciano Sobral, e a concelleira de Cultura, Raquel Rodríguez, participaron onte no acto de inauguración da mostra que, un ano máis, ofrecerá o pintor da Cañiza Diego de Giráldez no Mosteiro de San Xoán. Con esta son xa 38 as veces nas que o emblemático templo acolle a exposición dun artista que, tal e como sinalou o máximo representante do Concello, “considerámolo un veciño máis de Poio, ademais dun gran referente do mundo da arte a todos os niveis”.

Nesta ocasión, a exposición conta con novidades con respecto a edicións de anos anteriores. Entre as máis de vinte pinturas e as esculturas destacan a escultura relacionada co patrón do municipio, San Xoán.