O Concello de Pontevedra abríu o prazo de recepción de orixinais para o V Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil convocado un ano máis xunto á editorial Cuarto de Inverno. A recepción de orixinais, no Pazo da Cultura de Pontevedra, terá lugar ata o 29 de xullo de 2022. Logo der ser publicada onte no BOPPO, esta convocatoria que ten como fin a dinamización e fomento a lectura e a promoción do uso do idioma galego como unha actividade de interese social, permenecerá aberta 45 días.

Poderán participar no V Premio de Literatura Xuvenil María Victoria Moreno, calquera persoa que presente escritos inéditos da súa autoría redactados en lingua galega e cunha extensión máxima de 250.000 caracteres. As persoas interesadas poden atopar as bases de participación na web www.salondolibro.gal así como o modelo de folla de inscrición.