A rehabilitación da Primeira Travesía da Seara, na parroquia de San Xoán, xa é practicamente unha realidade. O concelleiro de Obras e Servizos Municipais, Julio Casás, pasou revista onte ao estado que presenta esta rúa, cuxa reforma integral está case finalizada.

Tanto é así, que se agarda que nos vindeiros días xa se poida reabrir de xeito definitivo o tránsito de vehículos, logo de que se pechase ao tráfico durante os últimos meses para o desenvolvemento dos traballos.

Esta Primeira Travesía enlaza coa PO-308 á altura do centro de San Xoán.