O Concello de Poio informa de que xa se poden consultar na súa Sede Electrónica os listados provisionais de inscricións das ludotecas do verán: Campa Verán e Raxó Verán, organizados pola Concellería de Educación, e o Espazo Concilia, a través de Igualdade. Tal e como informan as edís responsables de ambas áreas, Raquel Rodríguez e Silvia Díaz, agora ábrese un prazo de dous días (31 de maio e 1 de xuño) no que as persoas interesadas poderán presentar, nos casos que así sea necesario, documentación pendente, formalizar reclamacións ou renunciar a prazas. O listado definitivo darase a coñecer o luns 6 de xuño.

Estas iniciativas darán comezo o 1 de xullo. Previamente, celebraranse reunións informativas cos pais e nais da rapazada inscrita. Raxó Verán e Campa Verán estarán operativos ata o 31 de agosto, nos colexios de Espedregada e Isidora Riestra, respectivamente, mentres que o Espazo Concilia permanecerá aberto ata o 9 de setembro no CEIP Viñas de San Salvador. En total, o Concello de Poio ofrece 600 prazas e os horarios serán de 7.30 a 15.00 horas no caso do Campa Verán; de 9.00 a 14.00 horas no Raxó Verán e de 8.30 a 14.30 horas no Espazo Concilia.