A Praza de España de Ponte Caldelas acolle este venres, ás 21.30 horas, o concerto de presentación do terceiro disco de Coribantes. Baixo o título ‘” Ponte da Música”, o grupo de música máis internacional de Ponte Caldelas fai un recopilatorio de temas propios e música tradicional no que hai varias pezas nas que Ponte Caldelas é protagonista.

O acto contará coa participación de diversos persoeiros do mundo da cultura e da música galega: Sheyla Patricia, David Cabaleiro (A Roda); As Maianas, Samuel Soto (Son de Seu); o rapeiro Alberto Freaza; o gaiteiro e solista Isidro Vidal; o cantante Cristian Amoedo e o cantautor Bernardo Xosé, entre outros. Ademais tamén contará con danzas nacionais e internacionais (bailes irlandeses, andaluces, árabes, bailes de salón, patinaxe artístico…)