As actividades da Deputación de Pontevedra para dar a coñecer a vida e obra do poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado na vindeira edición do Día das Letras Galegas chegarán, a partir de esta semana, aos municipios de todas as comarcas da provincia, cun espectáculo familiar titulado De Valdeorras a México. Terra a Nosa.

Nesta quenda, as representacións comezaron onte en Poio, no Centro Cultural Xaime Illa en Raxó, e continuarán o día 24, ás 11.00 horas, no CEIP de A Lama; o día 25, ás 19.00 horas, na Casa da Cultura de Ponte Caldelas; o 26, en Cerdedo-Cotobade e o 5 de xuño en Campo Lameiro.

No mes de xullo, percorrerá as localidades de Cuntis (1 de xullo), Caldas (7 de xullo), Portas (12 de xullo) e Moraña (21 de xullo).

Na actividade, altérnanse a narración da biografía do autor coa creación dunha ilustración e a interpretación de distintas pezas musicais, ademais dun pequeno coloquio e un obradoiro para os participantes fagan a súa propia caricatura do autor.