“Un festival de verdade, de pé e nos bares”. É a filosofía coa que onte arrancou o Galegote Rock, que celebra o seu décimo aniversario e volve tras dous anos de pandemia e unha anterior edición co público en cadeiras.

Música de calidade, feita en galego e dende aquí. É de novo a proposta do Galegote, que se desenvolveu onte, hoxe venres e mañán sábado cunha ducia de actuacións a cargo doutros tantos artistas e grupos repartidas nos locais O Grifón, El Pequeño, O Diaño, Sala Karma, Tábula Rasa e tamén no Campiño de Santa María.

O pano alzouse onte con Higw Paw no Grifón e en El Pequeño Copa Turbo.

Hoxe O Diaño recibe ás 20.00 horas a Os Silvestres e ás 22.00 subirá ao escenario da Sala Karma Ruxe Ruxe. Éste foi un dos grupos protagonistas da primeira edición do festival, e volve agora nunha edición que recupera especialmente o espírito da xeración Xabarín e que “a música en galego tamén fai nación e identidade”, lembra Gero Costas, autor do espot que publicita esta nova entrega do Galegote Rock.

O cartas do festival conta con músicos moi novos e tamén bandas como Ruxe Ruxe, que leva 30 anos facendo música en galego. A organización destaca que o Galegote “acadou tamén que existan novas bandas” en Galicia e os bares non son sometes espazos “onde se bebe e se come, tamén son diversión e música. E se pode ser en galego, mellor”.

Deste xeito, nunha edición de volta aos bares o vídeo fíxose dentro dun local de hostalería, “cun croma e foron pasando os protagonistas para decir lembranzas ou o que máis lles apetecía”, explicou Gero Costas a propósito dos “actores” do spot, entre elas caras tan coñecidas como Antón Reixa.

O Galegote Rock continúa mañan sábado en Tábula Rasa, onde actuará Moucho a partires das 12.15 horas. Ás 13.00 horas será a quenda de Eladio y los Seres Queridos, unha actuación que se celebrará no Campiño ás 13.00 horas. A sesión de mañá rematará cunha pinchada de Kris K DJ.

A música volverá ao Campiño pola tarde a partires das 17.00 horas con Xeración Sonica e ás 18.30 actuará no Diaño Zeltia Irevire.

Grampoder porá a banda sonora en El Pequeño a partires das 20.00 horas, e ás 22.00 a Sala Karma recibirá a Berto, nunha noite que se despedirá cunha pinchada de Carlos Crespo DJ, adicada ao rok en galego dende os 70 á actualidade.