A Casa de Cultura de Dorrón, en Sanxenxo, acolle o próximo xoves día 21 de abril as 20.00 horas, a presentación do novo libro de Xosé Álvarez “Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra”. O autor estará acompañado do escritor e editor Antón Mascato. Este te traballo é unha ampliación xeográfica e temporal da obra anterior “Pontevedra nos anos do medo”. Nesta ocasión amplía o espazo de análise a toda a provincia e temporalmente alcanza ata mediados do século XX.