Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Unha exposición na Vicerreitoría amosa fotografías de fenómenos astronómicos

REDACCIÓN

Pontevedra

Una exposición de fotografías realizadas no Observatorio do Teide, do Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC) pode contemplarse na sede da Vicerreitoría do campus, que acolle ata o 13 de maio a exposición itinerante 100 Lunas Cuadradas. Inserida no plan anual de actividades da Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade (UCC+i) Ciencia de ida e volta, a mostra abrangue diferentes tipos de obxectos astronómicos e algúns descubrimentos relevantes en astrofísica, como sistemas exo-planetarios, fósiles cósmicos, lápidas fugaces ou grupos galácticos.

Esta mostra recibe o seu nome das dimensións das nove fotografías que a compoñen, que, segundo explican os seus promotores, “son dez veces por cada lado o tamaño aparente da lúa, que se utiliza como unidade de medida”, de tal xeito que cada unha delas representaría unha área de “100 lúas cadradas”.

Tracking Pixel Contents