Arranca a campaña de limpeza e roza dos camiños do rural en Arealonga
O concelleiro de Medio Rural visitou a zona xunto cos operarios da Fundación Juan XXII
REDACCIÓN
O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, acudiu onte até o lugar de Arealonga para comprobar o inicio da campaña de limpeza e roza dos viarios do rural, que todos os anos arranca de cara á época da primavera. Para a realización destes traballos o Concello conta cunha brigada de rozas a pé da Fundación Juan XXIII que realizará os traballos nos camiños e viarios de paso estreito aos cales non pode acceder o tractor desbrozador do Concello.
A planificación dos traballos responde a criterios de necesidade, considerando o calendario festivo da localidade, a tempada alta de praias e a prevención de incendios.
Ademais dos traballos de roza manual e dos traballos co tractor municipal, o Concello contrata os traballos de roza mecánica en todos os viarios de titularidade municipal, debido ao crecemento rápido da vexetación na época primaveral e para garantir a seguridade viaria.
- El primer tramo de la A-57 apenas recibe 2.400 vehículos diarios
- Un hombre que orinaba en la calle en Pontevedra permite localizar un foco de venta de droga en el centro histórico
- Manuela Sanmartín, una nueva centenaria pontevedresa
- La protectora de animales de Poio pide «ayuda urgente» para Pincho y Miki
- Samuel Kwesi, del ‘Villa de Pitanxo’: «Cuando yo no podía hacer nada, ellos me protegían a mí para que yo no muriera»
- Un coche queda volcado en la calzada en Sanxenxo tras colisionar con otro aparcado
- Cae en el peaje de la AP-9 en Pontevedra una banda itinerante de georgianos por robos en Vigo y otras ciudades gallegas
- La vinculación de la fiscal Marta Durántez con Pontevedra