O alumnado do IES Sanxenxo vai asistir no que queda do mes de marzo a varias iniciativas para achegarse á memoria histórica dende unha perspectiva de xénero grazas á Deputación. Dende onte e ata o 1 de abril a comunidade educativa dispón da exposición “Rexas, mulleres baixo o terror franquista” e hoxe poderá asistir á charla da escritora Montse Fajardo, que falará sobre a represión contra as mulleres tras o golpe de Estado do 1936. Fajardo falará das distintas tipoloxías de represión contra as mulleres, con exemplos e fotografías dalgunhas das galegas que a sufriron, defendendo a necesidade de ampliar o termo vítimas.