A autora Carme P.G. Granxeiro proclamouse gañadora da II edición do Premio Literario Pinto e Maragota pola Diversidade de Sexo e Xénero grazas á súa obra “Estranxeiras”. A decisión foi acordada polos membros do xurado por maioría nunha reunión que tivo lugar o pasado 29 de decembro no Centro de Información á Muller (CIM) de Pontevedra e na que se analizaron un total de 27 traballos recibidos neste certame, que organiza a Concellería de Igualdade en colaboración con Edicións Xerais de Galicia e cuxo galardón conta cunha dotación económica de 3.000 euros.

A concelleira Yoya Blanco dixo que o xurado destacou na obra gañadora o feito de ser “unha representación LGBTIQA realizada con sensibilidade, na que se reclama o rural como un espazo de liberdade e reivindicación”, ao tempo que valorou “a dignificación das relacións interxeracionais presentes na novela” .