O alcalde de Vilaboa, César Poza, participou na entrega de premios do Concurso de Iluminación de Nadal organizado pola asociación de veciños de Figueirido e no que colaboraron a comunidade de montes desta parroquia e o Concello. Resultaron gañadores Lupe Braña, Andrea Boullosa e José Juncal, que recibiron cadanseu a súa cesta con produtos de Nadal. Esta iniciativa de Figueirido foi ampliada este ano polo Concello a todo o término municipal.