O Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, acolleu a entrega de premios da primeira edición do Concurso de "Novos Poliedros", convocado por Igaciencia en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística como parte da celebración do Mes da ciencia en galego o pasado novembro.
O alumnado do IES A Xunqueira 2 de Pontevedra participou co Xunqueiredro II.
Naomi del Mar Planas Nicó, Joel Bouzada Santos, Jesús Búa Allende e Andrea Erika Banu, todos eles de 1º da ESO, recolleron o premio en representaron de todo o alumnado do Club de Ciencias e de 1º da ESO, que participaron na súa elaboración.