A Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín organiza na vindeira semana as Xornadas das tebras do esquecemento ó ronsel da memoria, sobre a figura e a lembranza de Urbano Rodríguez Moledo. Terán lugar dende o 13 ó 17 de decembro, na Biblioteca Pública Municipal de Marín, sempre ás 20.00 horas, con cinco conferencias e un acto poético-musical.